A orixe do nosopobo, Lourenzá está documentada dende o ano 947. Por esta razón despois de investigar as fontes e coa nosa imaxinación escribimos o guión , rodamos e montamos unha película : A Orixe de Lourenzá.
A alimentación é fundamental para un correcto desenvolvemento dos máis novos. Por iso, dende o CEIP Juan Rey, consideramos esencial ensinarlle ás nenas e nenos como seguir unha alimentación equilibrada. Coa charla formativa de "Ponlle as pilas ao teu bocata" aprendimos moito sobre diferentes alimentos, especialmente sobre as conservas e as súas propiedades. Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos.
Peixes, froitas, verduras, carnes, froitos secos, legumes e incluso as chuches reuníronse no CEIP Juan Rey para facer un pequeno teatro, cuxo principal obxectivo era ensinar aos máis pequenos como debe de ser unha dieta saudable e equilibrada. Gracias aos consellos da doutora Huertas e aos seus colaboradores puidemos aprender moito sobre este tema.
A nova xeración de actores e actrices chega pisando forte. Aquí tedes a mostra: