2019-05-21

Charla: Ponlle as pilas ao teu bocata

Ponlle as pilas ao teu bocata!

A alimentación é fundamental para un correcto desenvolvemento dos máis novos. Por iso, dende o CEIP Juan Rey, consideramos esencial ensinarlle ás nenas e nenos como seguir unha alimentación equilibrada. Coa charla formativa de "Ponlle as pilas ao teu bocata" aprendimos moito sobre diferentes alimentos, especialmente sobre as conservas e as súas propiedades. Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos.