2017-01-13

Visita de Papá Noel

E outro ano máis , cando rematamos de comer chegou Papá Noel cargado de agasllos para todos.





Viaxe a Viveiro

A derradeira semana de clase,antes das vacacións de Nadal, viaxamos a Viveiro para ver un Belén xigante que é moi famoso na Mariña. Á volta viñemos en tren e foi moi divertido.







Visita ao Centro de Maiores.

Os nosos avós están de festa e para celebrar o V aniversario do centro de maiores de Lourenzá, os alumnos de 6º foron visitalos e pasar un tempo con eles.
Xa nos estaban esperando!

Sorpresa! tiñamos agasallos para o cole!

Nós puxemos a música para a festa.

Eles puxeron as lambetadas e os pasteis.

Sempre lembraremos este día!

Estes son os carteis que decoran o noso centro de maiores.  Cada curso fixo e diseñou un, cal vos gusta máis?

2017-01-11

Recital Escola de Música de Mondoñedo


Alumnos e profes da Escola de Música de Mondoñedo viñeron ofrecernos un fermoso recital de música clásica e monicreques que nos gustou moito, grazas por vir. 


Baile tradicional.

Patrocinado pola ANPA do colexio tivemos para todos os cursos unha profesora de baile que nos amosou o fermosa e divertida que é a nosa Muiñeira tradicional.