2016-11-16

MAGOSTO 2016

O venres 11 de novembro celebramos  esta festa tradicional.
Pola maña patrocinado pola ANPA veu unha profesora de baile que nos ensinou a orixe e os pasos principais da muiñeira.


Pola tarde comimos as castañas no patio do colexio. Levamos uns cestos que creamos para este día.








Pasámolo moi ben, foi moi divertido !!!!








2016-10-30

Tempo de Samaín.

Todo o cole se encheu de cabazas, grazas a todos xa iremos poñendo máis fotos.





2016-06-23

Festival fin de curso 2016


1º Pirata Metepata




          Baile 2º " My Dear Future husband"


3º" Titiriteiros "




1º Inglés " Hello Song"


4º Inglés " Look at the cowboy"

                                       
                                                       
                                                             Despedida 6º


2016-04-21

PORTA DE PRIMAVERA

Os alumnos/as de 4º déronlle a benvida a primavera, con estes fermosos traballos.

2016-04-03

Día da árbore 2016

Coa chegada da primavera e con axuda de Ramón o noso conserxe, pequenos e maiores recibimos a primavera plantando unha árbore no noso patio.

   

2016-02-29

Entroido 2016

Este ano para celebrar esta festa decidimos facer  sombreiros que nós mesmos deseñamos. Ao longo da semana do Entroido montamos unha exposición coas nosas creacións, para rematar nun fermoso desfile, no que amosamos as nosas facultades para a pasarela.
Tamén deseñamos e confeccionamos para quen quixo participar (máis de oitenta persoas), disfraces de peixes e pescadores. Con esta comparsa participamos no desfile de Lourenzá  acadando o primeiro premio.

                                      







2016-02-03

Paz 2016

O pasado 29 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no cole con diferentes actividades.
Decoramos o colexio con murais que confeccionamos entre todos. 
Pola tarde vimos unha montaxe de vídeo e teatro que fixeron os alumnos de 6º e que vos convidamos a ver..


Todos queremos subir ao tren da Paz

Porta de 4º




Alumnos de 4º

Alumnos de 4º

Alumnos de 4º

Alumnos de 4º

Alumnos de 1º

2016-01-05

Tarde de sorpresas




Pola tarde cando rematamos de comer, chegou Papá Noel. Foi moi emocionante e ademais de recoller as nosas cartas xa nos adiantou un pequeno agasallo.
Foi moi emocionante!!!
Colleu as cartas de todos !!!

Os de 6º encantados un ano máis!


Despois o concello patrocinou para  os nenos da gardería  e para nós un teatro de marionetas que nos gustou moito.