Este ano para celebrar esta festa decidimos facer sombreiros que nós mesmos deseñamos. Ao longo da semana do Entroido montamos unha exposición coas nosas creacións, para rematar nun fermoso desfile, no que amosamos as nosas facultades para a pasarela.
Tamén deseñamos e confeccionamos para quen quixo participar (máis de oitenta persoas), disfraces de peixes e pescadores. Con esta comparsa participamos no desfile de Lourenzá acadando o primeiro premio.