2016-02-29

Entroido 2016

Este ano para celebrar esta festa decidimos facer  sombreiros que nós mesmos deseñamos. Ao longo da semana do Entroido montamos unha exposición coas nosas creacións, para rematar nun fermoso desfile, no que amosamos as nosas facultades para a pasarela.
Tamén deseñamos e confeccionamos para quen quixo participar (máis de oitenta persoas), disfraces de peixes e pescadores. Con esta comparsa participamos no desfile de Lourenzá  acadando o primeiro premio.

                                      







2016-02-03

Paz 2016

O pasado 29 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no cole con diferentes actividades.
Decoramos o colexio con murais que confeccionamos entre todos. 
Pola tarde vimos unha montaxe de vídeo e teatro que fixeron os alumnos de 6º e que vos convidamos a ver..


Todos queremos subir ao tren da Paz

Porta de 4º




Alumnos de 4º

Alumnos de 4º

Alumnos de 4º

Alumnos de 4º

Alumnos de 1º

2016-01-05

Tarde de sorpresas




Pola tarde cando rematamos de comer, chegou Papá Noel. Foi moi emocionante e ademais de recoller as nosas cartas xa nos adiantou un pequeno agasallo.
Foi moi emocionante!!!
Colleu as cartas de todos !!!

Os de 6º encantados un ano máis!


Despois o concello patrocinou para  os nenos da gardería  e para nós un teatro de marionetas que nos gustou moito.





Actividades solidarias do Nadal.

Como vimos facendo estes últimos anos. Levamos aos nenos que o necesitan parte dos nosos agasallos.


Tamén o último día de clase fumos novamente ao Centro de día de Lourenzá. Levamos aos nosos avós unhas flores feitas por nós e compartimos unha maña chea de lembranzas do Nadal doutros tempos e das nosas ilusións de hoxe. Foi xenial!!!.




Decorando o cole polo Nadal 2015

Celebramos estas datas  tamén decorando o colexio.

Os alumnos de 2º fixeron esta fermosa cheminea para que Papá Noel  nos deixe os agasallos.
Fabola xa está esperando
Tamén decoramos as portas das aulas e fixemos diferentes adornos.
Porta de 2º
Porta de 5º
Porta de 4º
Coroa feita con pinzas
Felicitacións para todos.
Patio navideño 6º

 
Campás realizadas con material reciclado.
 
Porta da aula de inglés.
                       
  Belén 6º

2015-12-17

Felicitación Nadal.

Con esta panxoliña tradicional galega toda a comunidade educativa desexa a todos boas festas.