2018-03-19

Excursión Vegadeo

Cando nos avisaron fumos para o autobús de viaxe a Vegadeo.



 Fixemos un obradoiro de alimentos no que aprendimos moitas cousas interesantes.
Cando chegamos a encargada daquel espazo amosounos unha roda de alimentos, e explicounos a que axudaban eses alimentos no noso corpo. E como podiamos consumilos.


Despois dixonos que fixeramos grupos e compramos no supermercado.



 Por último cociñamos un "pan tumaca ". Deunos unha chapa e un imán de recordo. Merendamos e volvimos para o colexio. Pasámolo moi ben!!!!
                                                                             Daniela 4º

2018-03-07

Desfile de entroido 2018

Neste vídeo podedes ver o noso desfile. Foi no cole porque o tempo non foi moi bo para baixar ao pobo pero pasámolo moi ben igual.


2018-01-26

Escola de música en Lourenzá


O pasado xoves 18 viñeron uns rapaces que nos promocionaron a súa escola de música (25 euros ao mes por neno) e tocaron unhas cancións que podedes ver aquí. Moitos de nós imonos apuntar.

2018-01-25

O baño que se limpaba só

Gloria, unha ponente, que nos veu dar un obradoiro sobre a igualdade de xénero.

Taballamos que os rapaces e as rapazas temos que facer todas as labores da casa.
E podemos adicarnos á profesión que máis nos guste.
                                                                             Antía Gutiérrez

Chega o inverno

Os alumnos de 2º están encantados con estes bonecos de neve que nos fixeron. 













2018-01-11

Nadal 17

 Nestas fotos podedes ver diferentes traballos elaborados por nós para celebrar o Nadal.

















 Patrocinado pola A.N.P.A. veuno,s visitar Paco Nogueira ,que nos gustou moito.
      E a volta do cine, antes das vacacións,  veu Papá Noel e os seus agasallos.