2017-01-13
Viaxe a Viveiro
A derradeira semana de clase,antes das vacacións de Nadal, viaxamos a Viveiro para ver un Belén xigante que é moi famoso na Mariña. Á volta viñemos en tren e foi moi divertido.
Visita ao Centro de Maiores.
Os nosos avós están de festa e para celebrar o V aniversario do centro de maiores de Lourenzá, os alumnos de 6º foron visitalos e pasar un tempo con eles.
Estes son os carteis que decoran o noso centro de maiores. Cada curso fixo e diseñou un, cal vos gusta máis?
Xa nos estaban esperando! |
Sorpresa! tiñamos agasallos para o cole! |
Nós puxemos a música para a festa. |
Eles puxeron as lambetadas e os pasteis. |
Sempre lembraremos este día! |
Estes son os carteis que decoran o noso centro de maiores. Cada curso fixo e diseñou un, cal vos gusta máis?
2017-01-11
Recital Escola de Música de Mondoñedo
Alumnos e profes da Escola de Música de Mondoñedo viñeron ofrecernos un fermoso recital de música clásica e monicreques que nos gustou moito, grazas por vir.
Baile tradicional.
Patrocinado pola ANPA do colexio tivemos para todos os cursos unha profesora de baile que nos amosou o fermosa e divertida que é a nosa Muiñeira tradicional.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)