2017-05-22

Lembrando a Carlos Casares.



Cada curso de Infantil e Primaria traballou diferentes obras do escritor. Aquí tedes os fermosos murais que podedes vir ver ata que remate o curso.

O peixe da fonte do xardín 1º
A bomba da felicidade 2º
O can Rin e o lobo Creispín

Toribio 4º

Obra de Carlos Casares 5º

As palabras máis palabras 6º
Infantil 4 anos

Infantil 3 anos

Infantil 5 anos

Infantil 5 anos

Carlos Casares con maxia e música.

Lembramos a Carlos Casares na biblioteca do concello. O mago Álvaro Muras truco a truco amosounos aos personaxes máis coñecidos do autor.

2017-04-21

Día da árbore 2017

Coa chegada da primavera e con axuda de Eduardo  o noso director, pequenos e maiores recibimos a primavera plantando unha árbore no noso patio.











,

2017-03-02

Desfile entroido 2017

Para celebrar estas festas fixemos antefaces e máscaras e rematamos con desfile e baile que podedes ver neste vídeo.







<




/>

2017-01-13

Visita de Papá Noel

E outro ano máis , cando rematamos de comer chegou Papá Noel cargado de agasllos para todos.





Viaxe a Viveiro

A derradeira semana de clase,antes das vacacións de Nadal, viaxamos a Viveiro para ver un Belén xigante que é moi famoso na Mariña. Á volta viñemos en tren e foi moi divertido.







Visita ao Centro de Maiores.

Os nosos avós están de festa e para celebrar o V aniversario do centro de maiores de Lourenzá, os alumnos de 6º foron visitalos e pasar un tempo con eles.
Xa nos estaban esperando!

Sorpresa! tiñamos agasallos para o cole!

Nós puxemos a música para a festa.

Eles puxeron as lambetadas e os pasteis.

Sempre lembraremos este día!

Estes son os carteis que decoran o noso centro de maiores.  Cada curso fixo e diseñou un, cal vos gusta máis?

2017-01-11

Recital Escola de Música de Mondoñedo


Alumnos e profes da Escola de Música de Mondoñedo viñeron ofrecernos un fermoso recital de música clásica e monicreques que nos gustou moito, grazas por vir. 


Baile tradicional.

Patrocinado pola ANPA do colexio tivemos para todos os cursos unha profesora de baile que nos amosou o fermosa e divertida que é a nosa Muiñeira tradicional.